Galego  |    Castellano

 

 

 

Turismo

 

 

A Oficina de Turismo de Padrón ofrece aos seus visitantes case todo aquilo que poidan precisar: un pobo con moita historia, que é o berce do Xacobeo: casco antigo, xardíns, paseo do Espolón, monumentos, áreas recreativas, paseo marítimo, pesqueiras (onde se pesca a Lamprea) praia fluvial, pementos e outras moitas cousas máis.


Polo que máis pregunta o visitante: Casa Museo Rosalía de Castro, Fundación Camilo José Cela, Pedrón, Santiaguiño do Monte, Xardín Botánico e como non, polos pementos de Herbón.
 

Informámos tamén dos arredores e orientamos ó visitante de toda Galicia:
Restaurantes, Hoteis, Hostalerías, e Casas Rurales xunto con outra información que precisen.
 

Nº de visitantes anuais: 23.276
Estranxeiros: 5853
Españois: 18423 dos cales 2335 son Galegos
 

Os estranxeiros que máis visitan o noso pobo son: Portugueses, Alemáns, Ingleses, Franceses, Mexicanos e Italianos


Españois : Madrid, Barcelona, Valencia, Alacante, Bilbao e Sevilla


Galegos das catro provincias destacando Lugo e Ourense

 

 

Fai clic na imaxe para ver a situación dos principais monumentos de interese de Padrón:

 

 

 

Oficina Municipal de Turismo de Padrón

 

 

 

 

Favoritos | Páxina de inicio | Design by V.I.

© Concello de Padrón Aviso Legal |